16/6/17

Clásicos para o verán

Na biblioteca tendes exemplares de clásicos xuvenís editados en castelán: se vos interesan podedes botarlle un ollo e elexilos como compañeiros para as vacacións estivais.
Animádevos.


12/5/17

TUI LE 2017

Un ano máis, e xa van oito, hoxe 12 de maio celebramos TUI LE , foi no edificio da Área Panorámica. Participou o alumnado de 1º ESO. Aquí podedes ver a marabilla de cartel que fixeron para conmemorar a Carlos Casares.




Noraboa ós  artistas 


Aquí deixamos dous enlaces : Tui le adicado ao traballo feito polos participantes de Tui le ao longo da xornada e  o enlace ao vídeo Tui le feito desde o club de lectura do noso ies: club Xerfas este maio.
 

12/4/17

DÍA DO LIBRO

Co motivo do día do libro, unha mostra da creatividade e bo facer do noso alumnado de   1º ESO que se pode admirar no corredor do pavillón D


ANIMÁDEVOS!!






31/3/17

"Videopoesía para gravar sen cámaras"

 

 

 

A biblioteca en colaboración cos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá organizou coa polifacética Antía Otero un obradoiro co alumnado de 4º da ESO no día 28 de marzo.

Os rapaces partían duns versos para levar a cabo esta experiencia, que segundo eles mesmos dixeron lles amosou unha nova persepectiva do traballo da literatura en clase. 

Desde os versos elaboraron os seus poemas por parellas, xogando principalmente coas emocións e as sensacións a través das palabras, e, nunha segunda parte, traballaron o obxectivo de transformar en linguaxe audiovisual o feito anteriormente.

Aquí deixamos máis imaxes tomadas ese día.



10/3/17

Obradoiro de manga na nosa biblio



O luns 6 de marzo Nahir ofreceunos un entretido obradoiro de manga onde explicou un pouco a historia deste estilo de debuxo, tan presente hoxe en día na cultura popular.
Os participantes, coas súas indicacións, terminaron elaborando o seu autorretrato empregando as normas do manga.
Desde aquí queremos agradecer a Nahir a súa implicación neste obradoiro. Parabéns para ela e os demais participantes.




Novidades en galego

Este inverno tivemos a ocasión de gozar de novos títulos en galego. Na imaxe podedes botarlle unha ollada á nosa selección, e, mellor que mellor, pasar pola biblio e collelos para ler.


25/11/16

Novidades en castelá

Xa chegaron novidades á nosa biblio!
En concreto de literatura castelá e clásica.
Aquí podedes botarlles unha ollada, se vos interesa algo xa sabedes onde ir a buscalo.
BOA LECTURA!!!


 

9/6/16





As letras da Homenaxe a Indalecio...

Hai cinco anos que nos deixaba Indalecio, foi xustamente o 31 de maio e por iso se celebrou nesa data a Gala de Homenaxe na súa honra. En Xerfas puxéronse mans á obra para botar unha man. Por unha banda no teatro que tanto lles gusta, varios membros do Club asistiron a uns obradoiros de Laura Villaverde e prepararon "Crónicas dun Café", que foi todo un éxito. Por outra banda, outro grupiño do club preparou a performance "Rosalía Universal" co recitado do Adiós Rios nunhas cantas linguas... Tamén leron a Manuel María e a Lorca, grazas a Alba e a Samuel Diz, tamén cantamos o himno ao final. Foi unha actividade moi intensa, emotiva pero festiva ao mesmo tempo. O mellor coñecer a arte dos nosos compañeiros, por exemplo de Dani Méndez que cantou Beautiful ou de Ángel, María Ordóñez e Iria que nos impresionaron a todos bailando ballet, e que dicir de Daniela, Alexandre e Dani que tocaron varias pezas con gaita, tamboril e acordeón! Non nos podemos esquecer das Ferreñas do Indalecio que tan ben o fixeron e de Dani e Andrea que bailaron unha muiñeira!
Agradecer intensamente o traballo de coordenación e preparación levado a cabo polo profesor Manuel Rosende Torres.

Foi unha velada inesquencible, NORABOA a todos polo ben que o fixestes!!!


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...